31 de octubre de 2011

IX XORNADAS SOBRE EDUCACION INFANTIL

A Facultade  de Ciencias da Educación da Coruña convoca  esta actividade dormativa nos primeiros días de Novembro. Podedes ver o programa no noso andel de SCRIBD.

PROGRAMA ALERTA ESCOLAR (2)

Como xa adiantamos a primeiros do mes de Outubro a Consellería de Traballo asinou coa de Sanidade o convenio para incorporación das EEII ao programa ALERTA ESCOLAR. Esta semana chegou a comunicación ás escolas. Podedes ver en SCRIBD unha colección de documentos onde se recolle o texto do convenio, o triptico elaborado pola Consellería de Educación, formularios, exemplos de protocolos de urxencias sanitarias, etc.

Este tema vai traer cola, pois coma sempre o persoal das escolas vai ver intensificada a sua tarefa cotiá con "intervencións de índole sanitaria" que debían estar cubertas por persoal formado a tal efecto.

Traballamos con criaturas moi pequenas, nas que a detección dos síntomas pode resultar confusa (incluso para os servizos de Urxencias) e aínda mais complicada a administración de certas medicacións.  Pretender que un curso  de 20 horas pode ser suficiente como adestramento previo, resulta arriscado tanto para o alumnado afectado como para o profesorado.

Por outra banda a formación de todo o persoal das escolas (pois non se pode pretender que a responsabilidade caia só do lado da profe-titora do neno) supón a implementación de plans dinámicos de formación e comunicación cos Centros de Saúde, protocolos en cada escola con actualizacións e especificacións para cada patoloxía, procesos de identificación e rexistros do alumnado, custodia das medicacións e verificación das caducidades, etc. Dará conta de todo isto unha administración que no convenio asinado estipula que o programa debe implantarse sen que haxa incremento orzamentario?

UN ANDEL DE DOCUMENTACION


Moitos xa coñeceredes esta plataforma onde se poden aloxar documentos para seren leídos ou descarregados.  Ate o de agora vos dabamos o enlace para lelos pero como xa son moitos, a partires de xa,  subirémolos directamente (daremos aviso eiquí no blog do documento subido cada vez) e vos podedes entrar cando queirades para velos ou baixalos. Esta é a dirección:

                                http://es.scribd.com/COLECTIVOCEROTRES


AMORTIZACION DE POSTOS NAS EEII

Incluimos os enlaces de notas que achegan distintos sindicatos sobre os recortes que vai a facer a Consellería de Traballo nas EEI. 
http://autonomica.cigadmon.org/sitio2009/index.php?option=com_content&view=article&id=883:xuntanza-da-modificacion-da-rpt-de-traballo-e-benestar-escolas-infantis&catid=13:rpt-e-estrutura&Itemid=20


http://autonomica.cigadmon.org/sitio2009/index.php?option=com_content&view=article&id=875:mais-destrucion-de-postos-de-traballo-pola-consellaria-de-qtraballoq&catid=13:rpt-e-estrutura&Itemid=20

http://es.scribd.com/doc/71032881/Xuntanza-negociacion-RPT-parcial-C-Traballo-e-Benestar-26-10-11

17 de octubre de 2011

EPOCA DE BERRAR!

A Asociación de Escolas Infantis de Ferroltera (AFESIN) acusa directamente á Xunta de abocalas ao peche, ao retrasar o pago das subvencions autonómicas das que se nutren.

Calquer desaparición dun recurso para a infancia  é preocupante, así como inadmisible o incumprimento da Orde de subvencions por parte da Consellería de Traballo. Dito isto, conven poñer varias cousas no seu lugar:
* Mentras o primer ciclo de educación infantil  0-3 non sexa universal como xa o é o segundo (3-6), apesaren de ser ambolodous non obrigatorios, seguiremos asistendo a un sistema de finanzamento da escola privada que supera en gran número a oferta pública.
* Estos centros, contrariamente o que di a prensa non son públicos. AFESIN agrupa trece empresas que se adican a educación infantil e que non supervivirían de non seren polos cartos públicos.
* Como a propia asociación admite, os postos de  moitos profesionais están en perigo: pedagogos, logopedas, psicólogos.... Na escola pública 0-3,  nunca houbo finanzamento suficiente para ese cadro de profesionais e tamén perigan os postos de TEXIs, persoal de servizos, etc, por mor da pretendida integración na Axencia Galega de Servizos Sociais, ademais das xa aplicadas mermas salariais de todo o persoal.

Acompañamos a AFESIN no seu "berro desesperado de socorro"  e lamentámonos de non termos berrado nós mais!

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/deudas/Xunta/ponen/borde/cierre/guarderias/elpepiautgal/20111015elpgal_10/Tes

NOVO REGULAMENTO DAS ESCOLAS DO CONSORCIO

Achegamos o enlace do novo RRI das escolas infantís que dependen do Consorcio e que entrou en vigor o pasado 1 de Outubro.

Resultan interesantes alguns cambios a nivel de organización de persoal, composición de Comisións e sobre todo modificación de horarios, xornada e calendario do alumnado. Parece que as familias non están de acordo e van interpoñer recurso en principio, administrativo.
http://www.igualdadebenestar.org/mediateca/documentacion/d_regulamento_escolas_2011.pdf

7 de octubre de 2011

MAIS MUSICA E LERIAS: "ORELLA PENDELLA"

Esta é unha páxina que ten como obxetivo difundir a literatura popular infantil de Galicia entre a comunidade educativa.
Recolle ditos, recitados, mecos no colo, cancións tradicionais, etc. agrupados por categorías. Ten un apartado para escoitar e pódense descargar os audios en mp3 sen problema aparente (de autor queremos decir).

http://www.orellapendella.org/

6 de octubre de 2011

BLOG de MAMA CABRA

Ahora que estamos con lerias musicais, cicais vos inspire o blog de Mama Cabra, proxecto ben coñecido en todalas escolas. Eiquí podedes baixar cancións en formato mp3, obter partituras aqueles que coñezan a linguaxe musical, ollar videos de actuacións do grupo, etc.

http://mamacabra.wordpress.com/

4 de octubre de 2011

3 de octubre de 2011

A CONSELLERIA DE TRABALLO INCORPORA AS "GALIÑAS AZUIS" AO PROGRAMA "ALERTA ESCOLAR"

Este programa foi posto en marcha pola Consellería de Educación e a Consellería de Sanidade no ano 2007. O obxectivo é a coordinación das escolas e dos servizos de emerxencia para o atendimento de nenas e nenos con patoloxías que poden entrar en crise: epilepsia, shock anafiláctico (alerxias) ou glucémico (diabete). O programa inclue a formación dos profesores e a inclusión dos menores en risco nun rexistro especial. Ata eiquí, todo ben.

Pero parece ser que as "charlas formativas" tardan mais do que se publicita e hai servicios de emerxencia que reciben multitude de chamadas por febre ou indisposicións lixeiras dun profesorado "hipersensibilizado" pola responsabilidade engadida.

Na actualidade, as e os profesionais das escolas reciben formación continua en Primeiros Auxilios e Reanimación Cardiopulmonar tanto para o atendimento dos menores como de calqueira usuario do centro e mesmo o persoal. Formación que debera servir para reaccionar diante dunha emerxencia como calquer outro profesional ou cidadán.

Resulta curioso que diante das demandas de incorporar un profesional sanitario ás escolas po parte das familias con fillos que presentan estas patoloxías, a Consellería de Sanidade resposte que non é viable económicamente e traslada a tarefa de diagnose e actuación ao profesorado mentras non chega a ambulancia (sic!).

Tamén resulta un inconvinte, siquera político, que a Consellería de Traballo teña pensado eliminar as prazas de ATS existentes aínda nas escolas infantís...

Pois non nos queda nada, xa que tamén están en marcha os programas: "Alerta corazón", "Alerta niños" e "Alerta sordos".(Se non fose porque se xoga coa saúde, parece unha broma.)

Se queredes ler mais aí van dous enlaces:
www.edu.xunta.es/web/node/371
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/10/03/00031317643563712553302.htm