31 de octubre de 2011

PROGRAMA ALERTA ESCOLAR (2)

Como xa adiantamos a primeiros do mes de Outubro a Consellería de Traballo asinou coa de Sanidade o convenio para incorporación das EEII ao programa ALERTA ESCOLAR. Esta semana chegou a comunicación ás escolas. Podedes ver en SCRIBD unha colección de documentos onde se recolle o texto do convenio, o triptico elaborado pola Consellería de Educación, formularios, exemplos de protocolos de urxencias sanitarias, etc.

Este tema vai traer cola, pois coma sempre o persoal das escolas vai ver intensificada a sua tarefa cotiá con "intervencións de índole sanitaria" que debían estar cubertas por persoal formado a tal efecto.

Traballamos con criaturas moi pequenas, nas que a detección dos síntomas pode resultar confusa (incluso para os servizos de Urxencias) e aínda mais complicada a administración de certas medicacións.  Pretender que un curso  de 20 horas pode ser suficiente como adestramento previo, resulta arriscado tanto para o alumnado afectado como para o profesorado.

Por outra banda a formación de todo o persoal das escolas (pois non se pode pretender que a responsabilidade caia só do lado da profe-titora do neno) supón a implementación de plans dinámicos de formación e comunicación cos Centros de Saúde, protocolos en cada escola con actualizacións e especificacións para cada patoloxía, procesos de identificación e rexistros do alumnado, custodia das medicacións e verificación das caducidades, etc. Dará conta de todo isto unha administración que no convenio asinado estipula que o programa debe implantarse sen que haxa incremento orzamentario?

No hay comentarios:

Publicar un comentario