29 de noviembre de 2011

CONCILIAR: QUEN, PARA QUEN?

Moitas veces escoitamos cousas como:
"O concello de ..., a Universidade de..., a empresa ... vai acometer a construcción dunha escola infantil para axudar na conciliación da vida laboral e familiar e facilitar a incorporación da muller ao mercado laboral."
Así, o que é un servizo á comunidade convírtese nunha oferta (e gancho electoral) para as mulleres, que son case sempre as que reclaman mais "garderías", mais horas de apertura nos centros infantís e subvencións aos seus empregadores para o atendimento das cuotas. Como aínda non se ten a cultura da "coresponsabilidade" na crianza das fillas e fillos, os servizos para a infancia parecen chamados a convertirse nun espazo de exclusivo interese femenino.
                                                      
As empresas "sensibilizadas" coa problemática incluso ofertan espazos nos propios centros de traballo ( e obteñen incentivos fiscais ou premios) para a creación de centros infantís. Neste contexto, empresas privadas "de ocio e tempo libre" obteñen en subcontrata a xestión dunhas garderías creadas para reter e incentivar maioritariamente ás suas traballadoras.
Así, a feminización de certos espazos laborais provoca o efecto perverso  de que os servizos para a primeira infancia non son para os cativos, os protagonistas da escola infantil, senon que respostan en moitas ocasións ás necesidades da cadea de producción, onde nenas e nenos son clientes(en vez de alumnos) en función das necesidades da sua familia (imos decir mais ben das da sua nai) como xa sucedera nos albores de industrialización no século XIX.

Toda esta realidade toma corpo no día a día de calquera escola infantil do noso entorno. As educadoras (a sua vez nais traballadoras) acollen as fillas e fillos de mulleres agobiadas por extensas xornadas laborais e domésticas, e que non se poden preocupar demasiado pola calidade da institución onde deixan os nenos (bastante é obter unha praza e poder pagala!) pero que arrastran un certo sentimento de culpabilidade por non adicarlle o tempo suficiente á crianza. Mulleres sen tempo para educar e que delegan esta tarefa na "escola infantil"  sen que interfira, eso sí, na sua primordial tarefa de "gardería" cando o neno presenta febre pola mañá e a educadora recomenda sen éxito que quede na casa. Desta maneira, a muller-nai convirtese e enemiga da muller-educadora que defende o interese do menor como parte do seu traballo, pero que non pode por menos que sentirse solidaria coa muller que ten enfrente.

DIA DA INFANCIA

Cada 20 de Novembro conmemoramos a Declaración dos Dereitos da Infancia  polas Nacións Unidas. Este ano no noso país, por mor da convocatoria electoral, tivo mais ben pouco eco nos medios de comunicación que adoitan lembrarnos a situación da infancia mais carente con toda sorte de imaxes de explotación infantil en todo o planeta. Pero hai moitas formas e grados de incumplir dereitos e necesidades...Recibimos o luns estos comentarios dalguns blogueiros cativos!:


ESKOLAS KREATIVAS: "Caixas dos tesouros"

A cesta dos tesouros pode ter moitas versións. ¿Que tal esta idea de agrupar elementos da mesma categoría, pero aspecto diferente  e formar cinco caixas(vehículos, animais, cunchas,...)? Logo ofertámosllas ao noso grupo de nenas e nenos, unha cada día. De semana en semana, podemos renovar un ou dous elementos en cada  caixa, deixando inalterado o resto do contido. Así estimularemos  a curiosidade  natural dos cativos e o establecemento de comparacións.

CONCENTRACIONS AS PORTAS DAS ESCOLAS DO CONSORCIO

Navegando, navegando atopamos a sección sindical das Galiñas Azuis constituída en Xullo na CNT. Podedes ver EIQUI  imaxes e contido das suas reivindicacións, que levaron ao persoal a concentrarse diante das portas das escolas o pasado 23 de Novembro.


INICIATIVAS DO BNG

O BNG achéganos o texto de varias iniciativas presentadas logo da xuntanza que mantivemos con eles na sede do seu grupo no Parlamento. Tratase de preguntas e proposición non de lei para o seu debate tanto na Comisión 4ª de Educación e Cultura coma no Pleno.

Podedes ver os textos eiquí: UNDOUS, TRES  e CATRO

22 de noviembre de 2011

NEGOCIACIONS RPT CONSELLERIA TRABALLO

CCOO achéganos o contido da 3ª xuntanza de negociación da RPT da Consellería de Traballo coas organizacións sindicais. Ler EIQUÍ.

NOVA SECCION:" ESKOLAS KREATIVAS"!

Se algo define unha escola infantil é a creatividade do seu persoal. Debe ser porque dende sempre houbo que recrear un ámbito de traballo, un novo modelo de entender a infancia, uns métodos apenas recollidos en manuais pedagóxicos... En fin, recrear unha identidade e unha profesión.

Iremos amosando pequenas e grandes ideas,recollidas acó e ló, recursos creativos que conciben a infancia e os seus espazos como un universo sempre estimulante, aberto ás influenzas e sinerxias doutras linguaxes: a arquitectura, a música, a pintura, as novas tecnoloxías, etc.

16 de noviembre de 2011

TAMEN NOS ESTAMOS EN CAMPAÑA!

Pero ésta non vai rematar o 20 N. A nosa é de fondo... e de peso!
Como xa sabedes, vimos de editar un tríptico cos obxectivos do Colectivo e mais unha colección de catro postais para difundir a nosa reivindicación educativa. Estamos a distribuilo por toda Galicia nos ámbitos do ensino, na administración, no Parlamento, nas organizacións sindicais. O dito: de fondo! Podedes ver e descarregar os soportes EIQUÍ  e EIQUÍ.

PETANDO NO PARLAMENTO

Onte, martes 15, membros do Colectivo fumos recibidos polo grupo parlamentar do BNG, logo de haber pedido cita con tódolos grupos representados no Parlamento. Estivemos falando con Carlos Aymerich e Carme Adan, os que expusemos as inquedanzas do persoal das escolas acerca dunha posible integración na AGSS e tamén lles presentamos  a campaña iniciada pola incorporación á Consellería de Educación.
Amosáranse receptivos e favorables a prol deste obxectivo e ofertaron a sua intervención para en principio preguntar pola Comisión creada polo Consello da Xunta en xuño de 2009 para o traspaso á Educación e tramitar unha proposición non de lei sobre o tema.
Ao respecto da incorporación das EEII á Axencia, manifestaronos que se están a producir inconvintes xurídicos que están a frear a sua constitución.
Aproveitamos a ocasión para presentar un escrito no Rexistro do Parlamento coas reivindicacións do Colectivo. Podedes ver o texto completo no noso enlace de SCRIBD.

PARA LER E REFLEXIONAR

Estando o outro día de cotilleo pedagóxico,  dimos en falar dunha xa veterana autora CARMEN DIAZ NAVARRO que ven de publicar "Los pendientes de la maestra" en editorial Graó, un estupendo volume con reflexións acerca do que hoxe en día é  a educación infantil e a cultura da infancia que NON se da na nosa sociedade.
Para as novas xeracións de educadoras conviña lembrar unha das suas primeiras obras "La oreja verde de la escuela" (do ano 1996, xa choveu!) en Edicións La Torre (seguramente esgotado). O estilo de Carmen, que recolle a frescura dos cativos nas suas conversas, nas anécotas da vida diaria dunha escola infantil e a filosofía educativa que destila cada párrafo, fai dos seus libros auténticos manuais pedagóxicos vivos, sinxelos de ler, profundos á vez que apaixoantes pola descuberta sensible que fai do mundo infantil.

6 de noviembre de 2011

40 anos facendo comunidade educativa!

A escola infantil "As Mariñas" de A Coruña celebra nada menos que 40 anos de andaina. Ollade que fantástico cartel fixeron rescatando fotos de ex-alumnas e alumnos que ahora son nais e pais e levan de novo os seus peques a escola. Seica andan a organizar concertos, exposición fotográfica,... actividades que nos iran contando.

Parabéns a todo o persoal!

3 de noviembre de 2011

XUNTANZA DE TRABALLO NO MUPEGA

O sábado 5 de Novembro, ás 16 h xuntámonos as integrantes das comisións de traballo do Colectivo na biblioteca do Museo Pedagóxico.

ALEGACIONS DE CCOO ÁS MODIFICACIONS PREVISTAS NA RPT DAS EEI

CCOO envía aos centros un documento presentado diante da Secretaría Xeral Técnica da Consellería o pasado 31 de Outubro, coas alegacións á anunciada modificación de postos de traballo nas escolas infantís.

Podedes velo en SCRIBD