Cada 20 de Novembro conmemoramos a Declaración dos Dereitos da Infancia polas Nacións Unidas. Este ano no noso país, por mor da convocatoria electoral, tivo mais ben pouco eco nos medios de comunicación que adoitan lembrarnos a situación da infancia mais carente con toda sorte de imaxes de explotación infantil en todo o planeta. Pero hai moitas formas e grados de incumplir dereitos e necesidades...Recibimos o luns estos comentarios dalguns blogueiros cativos!:
O COLECTIVO CEROTRES é unha asociación na que están representados as e os profesionais que traballan nas escolas infantís da Consellería de Traballo da Xunta de Galciia, sen distinción de categoría laboral, pero cunha idea común:reivindicar a consideración das escolas de educación infantil de 0 a 3 anos como centros educativos e a sua incorporación ao sistema de ensino público; así como a necesidade en Galicia dunha escola cerotres de calidade e de acceso universal e gratuito para as familias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario