O COLECTIVO CEROTRES é unha asociación na que están representados as e os profesionais que traballan nas escolas infantís da Consellería de Traballo da Xunta de Galciia, sen distinción de categoría laboral, pero cunha idea común:reivindicar a consideración das escolas de educación infantil de 0 a 3 anos como centros educativos e a sua incorporación ao sistema de ensino público; así como a necesidade en Galicia dunha escola cerotres de calidade e de acceso universal e gratuito para as familias.
29 de noviembre de 2011
ESKOLAS KREATIVAS: "Caixas dos tesouros"
A cesta dos tesouros pode ter moitas versións. ¿Que tal esta idea de agrupar elementos da mesma categoría, pero aspecto diferente e formar cinco caixas(vehículos, animais, cunchas,...)? Logo ofertámosllas ao noso grupo de nenas e nenos, unha cada día. De semana en semana, podemos renovar un ou dous elementos en cada caixa, deixando inalterado o resto do contido. Así estimularemos a curiosidade natural dos cativos e o establecemento de comparacións.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario