Se algo define unha escola infantil é a creatividade do seu persoal. Debe ser porque dende sempre houbo que recrear un ámbito de traballo, un novo modelo de entender a infancia, uns métodos apenas recollidos en manuais pedagóxicos... En fin, recrear unha identidade e unha profesión.
Iremos amosando pequenas e grandes ideas,recollidas acó e ló, recursos creativos que conciben a infancia e os seus espazos como un universo sempre estimulante, aberto ás influenzas e sinerxias doutras linguaxes: a arquitectura, a música, a pintura, as novas tecnoloxías, etc.
O COLECTIVO CEROTRES é unha asociación na que están representados as e os profesionais que traballan nas escolas infantís da Consellería de Traballo da Xunta de Galciia, sen distinción de categoría laboral, pero cunha idea común:reivindicar a consideración das escolas de educación infantil de 0 a 3 anos como centros educativos e a sua incorporación ao sistema de ensino público; así como a necesidade en Galicia dunha escola cerotres de calidade e de acceso universal e gratuito para as familias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario