27 de diciembre de 2011

UN FERMOSO CONTO DE NADAL

       Ao fío do post anterior queremos recomendar este estupendo conto a teren na biblioteca de aula estes días de festas. Unha boa reflexión sobre a diferencia entre o xogo e os xoguetes, sobre o valor dos amigos e dunha caixa de cartón...

"Crispín é un porquiño que ten de todo. Cada nadal recibe unha chea de regalos e logo cansa deles. Pero este ano vai recibir un regalo especial: unha gran caixa de cartón baleira. Crispín síntense enganado, pero ..."


ESKOLAS KREATIVAS: "Caixas, caixiñas e caixóns"

As posibilidades dunha caixa de cartón son caseque infinitas. A nosa imaxinación pode convertilas nun avión, nunha cociña, nun kiosko de prensa,...  os mesmos cativos poden axudar a "decorala" e darllelo significado que se queira. E cando rache, a por outra! ...

De novo no Parlamento

O pasado martes, 13 de Decembro, membros do Colectivo fumos recibidos por Román Rodríguez, do Grupo Parlamentar dos Populares.Pareceulle coherente a proposta de traspaso das escolas á Consellería de Educación e non lle pareceu difícil o encaixe administrativo. Quedaron en "investigar" a situación e estar en contacto.
Na mesma mañá tivo lugar unha segunda entrevista, esta vez con Abel Losada e Beatriz Sestayo do Grupo Parlamentar dos Socialistas. Comprometéronse a plantexar preguntas á Cámara sobre os traballos da Comisión creada para o traspaso en xuño de 2009. 

3 de diciembre de 2011

ESKOLAS KREATIVAS: "Móbiles diversos"

Unha fermosa composición feita cunha pola de arbore ben lixadiña e unhas cantas paxariñas de papel para vestir un recuncho do teito. Ao longo do curso podemos variar as cousas a pendurar: mazás de plastilina vermella feitas polos cativos, piñas no outono, chupetes que vanse deixando atrás,..