4 de abril de 2012

OBXECTOS PERDIDOS


¿Continuamente aparecen na escola calcetíns, gorras, luvas, prendas que ninguén reclama e que se sinten soiñas? Pois nada, no hall da escola podemos colocar iste sinxelo "baúl" de obxectos perdidos.

O MINISTERIO DE EDUCACION ELIMINA O PLAN EDUCA3

Hai pouco tivemos no blog ao ministro Vert e hoxe temos que falar desta señora, Montserrat Gomendio, a Secretaria de Estado de Educación, quen explicando como ía afectar o recorte de 600 millóns de euros ao sistema educativo explicou que non ían renovar o Plan Educa 3, porque o ensino de cero a tres años "sólo responde a un carácter asistencial e de conciliación". Nótase que o señor Vert e maila señora Gomendio só recibiron educación a partir dos tres anos... Hai un claro déficit de comprensión.
Educa3 consistía na construcción de escolas infantis para alumnos entre 0 e 3 anos mediante un sistema de cofinanciación entre o ministerio e as autonomías. Dende o 2007, permitiu a apertura de perto de 75.000 plazas cerotres en España. Educación xustifica a supresión asegurando que "é unha etapa cun un valor educativo menor". A fin do programa suporá un freno ao creación de plazas públicas nun ciclo que manten en lista de agarda a decenas de miles de familias que non poden costear escolas infantís privadas.

Amancio Ortega, padriño das escolas cerotres

A noticia aparecía en moitos medios de comunicación a finais de marzo. A Fundación Amancio Ortega destinará cerca de 11 millones de euros á construcción e equipamento de nove escuelas infantiles da rede Galiña Azu. Podedes ampliar a noticia EIQUÍ.

Tiña que ser. Tralos últimos movementos do goberno galego hacia a privatización da educación infantil de primer ciclo entregando a xestión das escolas a mans privadas, o derradeiro paso foi entregar a construcción de nove escolas da Galiña Azul á Fundación Ortega.
Menos mal que temos a D. Amancio para garantizar a educación da primera infancia neste país. País comparable parece ser a Tanzania, onde a Fundación desenvolve tamén proxectos de formación. Menos mal que as escolas infantis (que Feijóo deixa fora do sistema educativo porque quere) teñen un valedor, salvador, padriño (tachen o que Vds prefiran) de tal renome, o que as situa no mesmo plano asistencial que aos toxicómanos atendidos no Proxecto Home (tamén financiados pola Fundación). Quen mellor que D. Amancio para protexer os pobres cativos, os pobres dependentes e os pobres tanzanos. ¿Regresamos ao modelo de Beneficencia do réxime franquista xa que o estado, a Xunta, está ausente?
¿Onde están os cartos dos contribuintes galegos señor Feijóo? ¿Os nosos cartos seica só chegan para  tapar os buratos das entidades financeiras galegas? ¿Vai o seu goberno  patrocinar comercialmente todo un país? ¿Exhibirán nenos e ancians  nas batas e pixamas nos Centros de Día, Residencias e escolas  que tan orgullosamente  inaugura o seu goberno o logotipo de la Z?
Unha fundación puede apoiar, colaborar na dotación, soster programas paralelos onde o man do estado non chega, PERO NUNCA SUSTITUIR A TAREFA DE CONSTRUCCION DE INFRAESTRUCTURAS EDUCATIVAS QUE SON NECESARIAS PARA O FUTURO DE  XERACIONS DE GALEGOS. Iso necesariamente debe facerse cos cartos que tributamos. Son os nosos impostos os que deben pagar a rede “publica” de escolas infantis.
A educación dos nenos galegos non pode ser soporte de marketing.   Se Ortega quere contribuir ao futuro do país, pode construir  a sua propia rede  de escolas privadas e ofertalas entre os seus clientes más fieis como ferramenta de marketing social. Pero non é ético que merque parte da Galiña Azul.
Este incapaz goberno dí que ás familias galegas só lles importa ter prazas de “gardería” ás que levar os fillos pero no lles dí a qué prezo. Trala febre da creación cuantitativa de centros, agóchase o abandono posterior das escolas, deixando o seu costoso mantemento (non pode ser de outro xeito) en mans de concellos  depauperados ou simplemente asfixia ás escolas que levan anos funcionando, reducindo ao cincuenta por cento a sua dotación presupuestaria (sí, 50%). E ahora coa inspiración de D. Amancio, quen dende logo sabe como extraer beneficio dunha empresa.
No ano 2002, visitando a Rumanía post Ceaucescu, un grupo de profesores, inspectores e directores de centros educativos españoles, abraiábase de observar nos muros de ximnasios, bibliotecas e aulas informáticas a placa correspondente ao patrocinador de un ou otro espazo didáctico (Mc Donalds, Bayer, BMW,…) que os responsables da educación daquel país xustificaban no desmantelamento económico que sufrira o estado rumano. Dez anos mais tarde, SOMOS TODOS RUMANOS.