4 de abril de 2012

O MINISTERIO DE EDUCACION ELIMINA O PLAN EDUCA3

Hai pouco tivemos no blog ao ministro Vert e hoxe temos que falar desta señora, Montserrat Gomendio, a Secretaria de Estado de Educación, quen explicando como ía afectar o recorte de 600 millóns de euros ao sistema educativo explicou que non ían renovar o Plan Educa 3, porque o ensino de cero a tres años "sólo responde a un carácter asistencial e de conciliación". Nótase que o señor Vert e maila señora Gomendio só recibiron educación a partir dos tres anos... Hai un claro déficit de comprensión.
Educa3 consistía na construcción de escolas infantis para alumnos entre 0 e 3 anos mediante un sistema de cofinanciación entre o ministerio e as autonomías. Dende o 2007, permitiu a apertura de perto de 75.000 plazas cerotres en España. Educación xustifica a supresión asegurando que "é unha etapa cun un valor educativo menor". A fin do programa suporá un freno ao creación de plazas públicas nun ciclo que manten en lista de agarda a decenas de miles de familias que non poden costear escolas infantís privadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario