24 de marzo de 2012

UN FERMOSO BAMBAM!


Como queira que se aveciñan tempos económicamente grises, que vos parece esta idea para un bambán? Só hai que penduralo dunha árbore e colocalo caseque a ras de chan.

Acción da Plataforma Estatal pola defensa da Educación Infantil

Como reacción a las palabras del Ministro de Educación, Sr. Wert, acerca de que el ciclo 0-3 no es educación, sino conciliación (vertidas en repuesta a una interpelación de la Sra Fernández Dávila del BNG en la comisión de Educación del Congreso el pasado 31 de enero), la Plataforma EStatal en Defensa de la Educación 0-6 ha puesto en marcha una acción de ACTUABLE para denunciar tal afirmación y exigir al Ministro que rectifique.
Tenéis toda la información en el siguiente enlace en el que podéis, si lo consideráis oportuno, firmar.

COMUNICADO

O COLECTIVO PARA A EDUCACION INFANTIL CEROTRES DE GALICIA diante da promulgación da Lei 1/2012 de Medidas Temporais en determinadas materias do Emprego Público, manifestan a sua oposición a aplicación da mesma nas escolas infantís de 0 a 3 anos, dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.

Mais aló do que popularmente pode ser incluso recoñecido como exemplarizantes medidas de firmeza na regulación do sector público, debemos reflexionar como sociedade acerca do que estas medidas supoñen para os servizos públicos de atención ao cidadán, como son as escolas infantís de 0 a 3 anos.

Esta Lei en primer lugar, suprime o dereito a comedor do persoal laboral que traballa nas escolas infantís que dependen da Consellería de Traballo, excepción feita do persoal laboral da Consellería de Educación.

Enténdese que esta excepcionalidade responde ao interese da protección e atención do alumnado de infantil de segundo ciclo (de 3 a 6 anos) e de primaria. Preguntémonos: o alumnado menor de 3 anos carece dese dereito?

O goberno galego, outra vez, volve a considerar as escolas infantís como calquera outro servizo asistencial, ignorando deliberadamente que o seu carácter e finalidade fainas acreditativas das mesmas condicións laborais e funcionais que o resto dos nives educativos, aínda que dependan, por decisión política, doutra Consellería nesta Comunidade Autónoma.

As carteleras horarias do persoal das escolas se adaptan, como en calquera institución educativa, aos horarios de atención ao alumnado, que abrangue una xornada continuada na maioría das escolas  de 8 a 5 da tarde. Non é xa que logo un traballo por quendas como ocurre en centros residenciais, onde os traballadores, ademais da sua pausa retribuida de 30 minutos, poden facer  o xantar ao inicio ou ao remate da sua xornada laboral.

As consecuentes ausencias do servizo do persoal durante a xornada de atención ao alumnado conlevarán o incumprimento dos ratios establecidos na  vixente normativa, situación xa grave nas escolas trala disposición da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo que impide a sustitución do persoal en licenzas, permisos e baixas de menos de 5 días. Conlevarán ademais unha maior situación de risco para os menores en caso de emerxencia ou siniestro durante eses períodos.

En segundo lugar, esta lei suprime tamén o descanso ao persoal laboral das escolas durante tres días en Nadal e outros tres en Semana Santa. As traballadoras (porque son fundamentalmente mulleres as que crían os fillos doutras mulleres) das escolas infantís da Consellería de Traballo teñen, dende hai décadas, unha xornada laboral de 7 horas e media diaria, todas elas de atención directa ao alumnado. Unha xornada laboral que supera con creces á de calquera outro nivel educativo, a pesar de seren os menores de tres anos un colectivo que reclama continua atención: educativa, afectiva, asistencial, etc. As escolas infantís 0 a 3 anos teñen tamen o maior calendario de tódolos niveis educativos: dende a primeira semana de setembro ata a derradeira de xullo. A pretendida medida exemplarizante para o empregado publico non é precisamente neste sector onde se ten que aplicar. O necesario descanso de seis días ao ano para uns cativos que permanecen nas escolas ata 8 horas (en ocasións mais)  coincide e facilita ao persoal das escolas o propio e necesario descanso psicolóxico e físico para unha boa prestación do servizo.

En tercer lugar, esta Lei penaliza a baixa por enfermidade común cunha merma do 50 % do salario nos tres primeiros días e dun 25% nos seguintes dezasete. Como calquera familia sabe e calquer pediatra certifica, o alumnado menor de tres anos, por mor da sua temperá incorporación ao sistema educativo cun sistema inmunitario aínda sen establecer, presenta continuas enfermidades, banais en si mesmas, pero que ao viviren en comunidade se convirten en endémicas, tanto para eles, como para as suas familias e por suposto para as traballadoras das escolas. ¿Como controlar a saúde colectiva dunha escola onde o persoal vai ir traballar enfermo porque o seus ingresos non lle permiten recuperarse na casa?

Detrás dos recortes orzamentarios e da suba dos prezos para as escolas públicas  de 0-3 anos, parece que o goberno galego apúntase á tendencia de minimizar e mesmo a cuestionar abertamente (como fixo recentemente o Ministro de Educación Vert) a importancia dunha atención educativa específica para a etapa 0-3. Parece que se vai perfilando a volta ao modelo tradicional de “gardería”, un modelo que segrega o acceso ás escolas en función da renda, un modelo de oferta e demanda que considera ao alumnado e as suas familias como clientes e que considera superfluo o que non responde mais ca satisfacción das necesidades básicas, a pesar do consenso entre os expertos sobre a importancia da educación na primeira infancia para a compensación de posibles déficits socioculturais e económicos.

Estas medidas están sendo fortemente contestadas polo persoal das escolas, as direccións dos centros e mailas familias das nenas e nenos, que lóxicamente ven mermada a calidade dun servizo público esencial para a sociedade.